O programa reproducirá os ritmos que se creen de forma aleatoria. O usuario deberá introducilos premendo os botóns que representan os diferentes elementos rítmicos.
Unha vez introducidos elementos rítmicos suficientes, o Solfege comprobará a resposta. Se todo é correcto, o programa mostrará unha cara sorrindo, no caso contrario, mostrará unha cara triste e marcará todos os ritmos que estean mal.
Se algunhas das súas respostas foron incorrectas, borrarase todo a partir do primeiro elemento que estea mal ao premer na cara triste (excepto algún ritmo correcto do comezo da súa resposta) ou ao premer nos botóns para o ritmo do principio da páxina.
Poder premer no botón "Play" para escoitar a súa opción.
De momento as preguntas que fai o exercicio realízanse seleccionando elementos rítmicos de forma aleatoria. Quizais esta non sexa a mellor maneira de facelo, por iso esperamos ter un método máis eficaz de xerar preguntas nunha versión posterior.